miércoles, 24 de diciembre de 2014

A visita dos Reis Magos

Este ano ao noso centro acercáronse os Reis Magos.
 Viñan con moita ilusión de escoitar aos nenos e nenas
 e tamén cargados de piruletas.
Primeiro houbo un recibimento de todos na entrada do cole.



Logo, acompañados da directora, achegáronse á aula




Mentres nos repartían as piruletas lles cantamos unha panxoliña:

Recibimos as postais de nadal

Como non, as alumnas e alumnos de 4º
 recibimos tamén as nosas postais.
 Os encargados de facelas foron os cativos da aula de 3 anos,
 axudados por Pelusa 
e pola mestra Mary.











I


jueves, 18 de diciembre de 2014

Entrega de postais en Infantil 5 anos

Estes días estivemos facendo unhas postais 
para os nosos compañeiros do colexio da aula de 5 anos. 
Cada un elixiu a súa e as súas cores. 
Decorouna e escribiu bos desexos de Nadal.
Ademais tivemos uns escritores
 que traballaron moi duro na súa casa
 para facer uns contos pensados nos meniños.
 Moitas grazas a
Paula Boquete, Lucía Domínguez, Lucía Fandiño, Daniel Zarauza 
por ler as súas composicións
 e a Carmela, Dani Neiro e Raúl por pensar e escribir tamén as súas.


Houbo moitos abrazos, pero tamén moitas présas,
 así que algunhas fotos non saíron moi ben, 
pero se pode ver o cariño con que recibiron as súas postais de Nadal.






















miércoles, 17 de diciembre de 2014

Saída a "Luis Iglesias" e Cidade da Cultura II

Despois de visitar o museo de historia natural, 
nos diriximos á Cidade da Cultura 
situada no monte Gaiás.


Había que repoñer forzas merendando antes da visita guiada:

Tivemos un guía que nos explicou todo sobre a Cidade da Cultura:

Que divertido foi subir e baixar esta rampla!




Logo continuamos coas explicacións

E entramos moi caladiños na biblioteca