viernes, 31 de octubre de 2014

Actividades sobre o samaín


O xoves tivemos varias actividades
 tanto no centro como na aula 
co motivo do samaín.

No recreo, as nenas e nenos que querían, podían pintarse a cara de vampiros, meigas...
 grazas ás voluntarias da ANPA.



Despois, na hora de ler, a teacher Raquel contounos un conto en inglés terrorífico...





E na última hora fixemos unhas marionetas moi simpáticas de 
momias, morcegos, meigas ou piratas.

Escoitando música típica do Samaín/Hallowen, fixeron as súas creacións




E estes foron os resultados





Charla sobre medioambiente

O xoves no colexio tivemos unha charla sobre como tratar
o lixo que creamos nas casas.

Hai que ter en conta as tres R:

Estivemos moi atentos e atentas ás explicacións



E logo á saída tivemos un agasallo do xogo de reciclaxe de TROI





miércoles, 29 de octubre de 2014

Julia nos enseña o seu libro

Hoxe Julia tróuxonos un libro para ensinar a todos nós.

E así, como unha auténtica profe, Julia ensinounos o libro e o seu contido.




Chegou o samaín

Chegou o samaín e con el as cabazas, meigas, morcegos, esqueletos...
Así de chulo e tenebroso está a entrada do noso colexio:




Nestas datas podémonos divertir un pouco, sempre tendo en conta que os exames están aí!

Aquí podemos xogar cos personaxes de Bob Esponja:


Podemos colorear debuxos terroríficos...


No seguinte enlace temos varios xogos: puzzles, sopa de letras, buscar parellas...


Aquí xogaremos a disfrazar en samaín


E podedes crear monstros divertidos



Tamén podemos bailar e cantar








Tamén podemos ver cortos (non teñades medo!!)










martes, 28 de octubre de 2014

Adornando a aula en Samaín

Paula Sanz hoxe nos deu unha sorpresa. 
Trouxo para adornar a clase dúas cabazas de samaín moi orixinais 
xa que no seu interior están cheas de caramelos. 
E como se sacarán? Pois moi fácil: pinchándoos!!! (xa que son globos)

Así a nosa estantería de biblioteca de aula queda moi ben adornada. 

Moitas grazas Paula e familia!!!

Dani nos enseña o seu libro

Hoxe Daniel Neiro quixo compartir con nós un magnífico libro sobre o corpo humano.

Así de atentos estiveron os demais ás súas explicacións:



Esta semana recomendamos... El habitante de la nada

Unha nova semana e toca recomendar un libro.

Esta vez o elixido é:

TÍTULO: El habitante de la nada
AUTOR: Joles Sennel
EDITORIAL: SM
RESUMO: Un xoven rapaz non tiña diñeiro para pagar o aluguer da casa, así que decidiu ser detective, e foi á casa da señora Georgina; tamén se lle pode chamar a señora Puiglansters. O caso que tiña que resolver era atopar ao seu marido, Emilio Novecientos, que desaparecera de súpeto. Tamén atopou no parque un burato vacío, sen nada.
Un día lle veu o home a quen lle tiña que pagar a casa e lle dixo que tiña que pagar pronto. Intentou encontrar traballo e facer o caso de Emilio.
Ao final non encontrou traballo pero sí a Emilio que quería esconderse pero enseñouse de súpeto sen dicir nada.
OPINIÓN PERSOAL: A miña opinión é que este conto foi moi misterioso e bonito. Así que me gustou moitísimo.

Reseña da alumna Lucía Lodeiro




lunes, 27 de octubre de 2014

Lucía nos enseña o seu libro

Hoxe Lucía Fandiño tróuxonos da súa casa un libro sobre o corpo humano.
Explicounos de qué trataba, sobre todo o tema dos ósos e músculos.



Moitas grazas Lucía e familia por compartir con nós os vosos materiais!!!

Aniversario de Carmela

O domingo foi o aniversario de Carmela. Nós celebrámolo o venres en clase.
Todos lle cantamos e ela agasallounos cunhas chuches. 


PARABÉNS CARMELA!!!