lunes, 20 de octubre de 2014

Esta semana recomendamos.... O gato fantasma

Esta semana lle toca a un libro coñecido xa por tódolos nenos, pero que gustou moito:

TÍTULO: O gato fantasma
AUTOR: Xelís de Toro
EDITORIAL: Xerais de Galicia
RESUMO: Un día o troleiro de Maceira dixo que un gato podera cun can. Rolo dixo que os gatos non poden cos cans. Pestiña dixo que escoitara de gatos que podían con cans. Pestiña estaba a escoitar o conto de Maceira e a Rolo estrañoulle que a nena lle dera a razón. Rolo foi a esperar a Pestiña na praza do Camelio. Pestiña fora visitar un museo coa súa clase. Mentras Rolo agardaba comezou a chover. Rolo e Pestiña vivían rúa con rúa. Sparki, o almirante, mailo Pérez sempre lle dicían:
- Rolo por Pestiña!
Pero Rolo e Pestiña eran mellores amigos, non noivos.
Sparki e Pérez estaban na panda da Tunda. Quedáralle ese nome porque cando se enfadaba dicía sempre:
- Queres tunda?
Moito tardaba Pestiña. Rolo estaba mollándose e pensou que Pestiña se esquecera del ou de que quedaran na praza do Camelio. Chovía moito pero Rolo esperou un rato máis. Logo dun anaco Rolo observou o portal dunha casa. Dende alí Rolo vería se chegaba Pestiña. Foi a dentro do portal a refuxiarse. Rolo nunca vira ese portal antes, podía ser tranquilamente unha cova. Pestiña aínda non aparecera. Nese momento Rolo escoitou un ruído que lle asustou detrás dunhas caixas de cartón apoiadas na parede había un gato cun ratiño na boca. Ao mellor era o gato rabudo que podía cun pastor alemán.
Se podía cun pastor alemán ía poder con el. Pobre Rolo! Aunque non tiña que ser o gato Rabudo, podía ser outro calquera: o gato do portal, o gato da cova, o gato Mauricio, o gato pepino, o gato calzóns, o gato con botas... Rolo recordou que cando chove os ingleses din: choven cats and dogs " gatos e cans". Rolo esperou no que se chama a solaina da porta aunque esta vez era a chuvieira da porta. Pouco a pouco escampou. O gato xa non estaba. Rolo sentiu algo ao carón das súas pernas; sería o gato. A partir dese encontro entre Rolo e o gato fantasma todo comezou a cambiar...
OPINIÓN PERSOAL: Gustoume moito.

Reseña da alumna Paula Sanz


Debuxo de Diego Vilaseco

Debuxo de Raúl Perez

Debuxo de Daniel Neiro




No hay comentarios:

Publicar un comentario