O 5 de marzo recibimos a visita do mago e ilustrador
Gustavo Otero.
Estivemos moi atentos e divertímonos moito con el.
Ademais houbo varios axudantes da nosa clase
que o fixeron moi ben.
Cando non tiña o gorro e tiña un rotulador era ilustrador |
E cando tiña o gorro era mago |
Tócalle o turno ao primeiro axudante de 4º: Amín
Tiña que crear moedas, ao final o conseguiu
E agora tócalle o turno a Paula.
Tiña que coller dunha bolsa a música
que había dentro dun sobre pechado.
Colleu o himno da alegría de Beethoven
Para saber se Paula adiviñara
mandou saír a outros axudantes,
entre os que estaba María
E tocaron a partitura que estaba dentro do sobre:
Despois de ver que Paula adiviñara,
tocaron entre todos unha canción
de "Sonrisas y lágrimas"
Por último saíu Dani,
que manexou de marabilla unha marioneta.
Se queredes saber máis deste autor/mago
e facer as actividades que propón,
entrade na súa páxina:
Que bien lo pasan! Gracias por compartirlo
ResponderEliminar