viernes, 22 de mayo de 2015

Presentacións: Águila imperial e hámster ruso

Xa comezamos a presentar diante dos compañeiros o noso traballo de informática.

Fixemos e aprendemos moitas cousas antes de chegar aquí:
Primeiro aprendimos a escribir no ordenador, utilizando os procesadores de texto, e gardar os traballos.
Tamén buscamos información en internet sobre un animal.
Logo aprendimos a facer debuxos, co paint. Tamén fumos capaces de buscar imaxes, copialas e pegalas no texto.

Despois do curso aprendendo un pouquiño sobre os usos do ordenador, chegou o momento de plasmar a información recollida nun traballo en PowerPoint.

Os primeiros en facer a súa presentación foron Hugo e Manolo:

ÁGUILA IMPERIAL


Logo tocoulles o turno ás súas compañeiras Julia e Nara:

HÁMSTER RUSO

No hay comentarios:

Publicar un comentario